Sistemas de xestión e certificados

SISTEMAS DE XESTIÓN E CERTIFICADOS

Traballando cara un desenvolvemento sostible

 

En AquaOurense somos conscientes de que a nosa actividade está directamente relacionada coa calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia de Ourense. Polo tanto, en cada unha das nosas decisión tentamos aplicar os seguintes principios:

  • Excelencia
  • Diálogo
  • Desenvolvemento local
  • Innovación
  • Desenvolvemento negocio sostible

Para conseguir este obxectivo temos unha política de xestión integrada baseada nos tres eixos do desenvolvemento sostible: social, ambiental e eficiencia.

Contamos con certificacións aliñadas cos nosos esforzos por dar un servizo de calidade e prover un ambiente de traballo óptimo e seguro para os nosos empregados.

  • Certificado de Calidade

    AquaOurense dispón dun sistema de xestión da calidade que engade valor á organización e proporciona un marco de referencia para establecer obxectivos nos seguintes ámbitos do seu alcance: Realización das analíticas de augas de consumo para dar cumplimento ao RD 140/2003 así como no desempeño das asistencias técnicas as entidades locais da provincia de Ourense relacionadas co ciclo integral da auga e do medio ambiente. O sistema de xestión da calidade en AquaOurense está certificado en base á norma UNE-EN ISO 9001:2015.
  • Certificado Ambiental

    AquaOurense dispón dun sistema de xestión medioambiental a través do cal se asegura o cumprimento dos requisitos legais medioambientais aplicables ao fornecemento do servizo, así como do seu compromiso explícito coa sociedade e o medio, a preservación da biodiversidade e a prevención da contaminación. A implantación deste sistema de xestión medioambiental é esencial xa que nos axuda a controlar, mediante a súa reducción ou eliminación, os impactos que producen as nosas actividades no medioambiente, logrando unha empresa moito máis sostible, favorecendo o desenvolvemento de tecnoloxías limpas, mellorando o manexo de todos os aspectos ambientais e o cumprimento da lexislación ambiental vixente. A implantación de normas internacionais e de xestión ambiental, como a norma ISO 14001, promove o coidado do aire, a auga e a calidade do solo, e representa unha grande contribución aos esforzos mundiais destinados a conservar o ambiente no que vivimos. O sistema de xestión medioambiental en AquaOurense está certificado en base á norma UNE-EN-ISO 14001:2015.
  • Certificado de Seguridade e Saúde Laboral

    AquaOurense dispón dun sistema de xestión de seguridade e saúde laboral certificado desde XXX, mediante o cal se asegura a mellora continua na aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención dos riscos derivados das actividades dos traballadores, así como o cumprimento da regulamentación vixente. Isto contribúe a crear un ambiente de traballo axeitado, con condición de traballo xustas, onde os traballadores poden desenvolver a súa actividade con dignidade e onde é posible participar na mellora das condición de seguridade e saúde. O sistema de xestión de seguridade e saúde laboral en AquaOurense está certificado en base á norma UNE-EN ISO 45001:2018.