PERTE AquaOurense - OU-Intelixente

PERTE DE DIXITALIZACIÓN DA AUGA: OU - INTELIXENTE

O proxecto "OU-Intelixente" foi seleccionada como a segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga.

OU-Intelixente pretende dixitalizar a xestión do ciclo da auga dos 81 concellos ourensáns de menos de 20.000 habitantes, ademais dos consorcios de augas de Valdeorras e Os Peares.

As actuacións prioritarias que contempla este proxecto e nas que xa se está traballando son:

  • Implantación de contadores intelixentes en 120 puntos de entrega de auga dos sistemas de abastecemento dos concellos ourensáns. 

  • Proxecto de investigación no encoro das Conchas con imaxes satélite para controlar a evolución do mesmo ao longo do ano.

  • Dixitalización de 139 instalacións de depuración para o control en tempo real, tanto da cantidade, como da calidade da vertedura ao medio. 

  • Dixitalización de 18 instalacións de abastecemento para o control en tempo real do funcionamento das plantas de tratamento de auga potable, así como das redes de distribución no Consorcio de Augas de Valdeorras. 

  • Creación do “Centro Intelixente para a Xestión Provincial da auga – Aqua-Ou” no que se centralizará a xestión operativa de toda a información obtida en tempo real. Este centro pretende ser ademais un espazo aberto á cidadanía no que transparentar e poñer en valor a importancia dunha axeitada xestión da auga no territorio. 

Presentación do proxecto en novembro de 2022

Este ambicioso proxecto terá un orzamento de máis de 13 millóns de euros, 7,75 millóns de euros por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO) e unha cofinanciación de 5,7 millóns por parte da Deputación Provincial de Ourense, necesaria para facilitar o acceso dos Concellos a estas tecnoloxías, aos novos perfís profesionais requiridos, e aos novos servizos avanzados.

Publicación da concesión do PERTE ao Proxecto OU-Intelixente