- Imprimir |
Código de conduta
En Aquaourense dispoñemos dun Código de Conduta que define os valores da nosa organización, constituíndo unha referencia en todas as nosas conductas e accións, tanto individuais como colectivas. Estes valores éticos foron sempre unha parte central da estratexia e desenvolvemento de AquaOurense.
No contexto actual faise máis indispensable ca nunca para a empresa, actuar con responsabilidade e ética nas súas actividades, de cara a todos os grupos de relación.
Canle ética
En Aquaourense implantamos unha Canle Ética para comunicar de xeito confidencial, e anónimo se así se desexa, actos contrarios á lexislación vixente, ás normas internas da sociedade e/ou ao seu código ético.
Esta Canle Ética cumpre con todos os requisitos establecidos pola Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. Toda a información proporcionada será tratada de xeito confidencial.
As comunicacións deberán realizarse contactando co oficial de cumprimento (compliance officer) por calquera dos seguintes medios:
- A través da canle dixital mediante esta ligazón:
A través da ligazón tamén se pode solicitar unha entrevista persoal ou telefónica.
- Por correo postal (indicar CONFIDENCIAL no asunto): Avilés de Taramancos, 6 - 32002 Ourense