Modelo Organizativo

MODELO ORGANIZATIVO

Traballamos para mellorar os servizos na provincia de Ourense

 

AquaOurense é unha empresa mixta creada pola Deputación Provincial de Ourense para a realización dunha serie de asistencias técnicas cuxa finalidade é dar pautas de bo funcionamento aos concellos para as instalación que interveñen no ciclo integral da auga ou na realización de servizos puntuais como control analítico, limpeza de fosas, ciclo clientes ou lecturas de parámetros.

O modelo organizativo nace logo da realización dunha enquisa aos concellos da provincia por parte da Deputación Provincial de Ourense para coñecer:

  • Datos sobre a xestión dos servizos públicos relacionados co Ciclo Integral da Auga.

  • Localizar os puntos comúns de interese dos concellos para concretar os servizos a prestar.

Debido aos resultados destas enquisas, a Deputación Provincial de Ourense decide licitar a búsqueda dun socio privado cunha ampla experiencia e coñecemento na xestión do ciclo integral da auga en Galicia para poñer en marcha a creación dunha empresa mixta.

Na actualidade AquaOurense conta máis de 20 persoas no seu equipo, entre as que se atopan persoal de campo, de xerencia, analítico, de operacións e administrativo.