O Consello de Administración de AQUAOURENSE Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente, S.A., celebrado o 8 de maio de 2024, aprobou o «Plan de Medidas Antifraude» como medida obrigatoria para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) “Next Generation”, da Unión Europea.
Co fin de dar cumprimento ás obrigas establecidas no artigo 22 do Regulamento UE 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 6 da Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, AQUAOURENSE crea este Plan de Medidas Antifraude como enfoque estratéxico para protexer os intereses financeiros da Unión Europea e velar pola utilización axeitada dos fondos cos que se financia o mencionado PRTR.
En consecuencia, o presente Plan de Medidas Antifraude (PMA) ten por obxecto reducir a aparición de fraude tanto interno como externo vinculado aos subproxectos e actuacións desenvolvidos no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Declaración Institucional de AQUAOURENSE
Plan de Medidas Antifraude de AQUAOURENSE