Proxecto Ruagua

RUAGUA

Promovendo a economía circular en contornas rurais

Ruagua é un proxecto de innovación coordinado polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua Galicia e que foi unha das tres propostas gañadoras do Proxecto DEMOS, iniciativa impulsada pola Fundación Cotec en colaboración con IKEA.

O propósito de Ruagua é xerar un impacto positivo a través dun proxecto demostrativo de economía circular no municipio de A Rúa (Ourense), mediante a valorización dos eixos auga-enerxía-residuo, establecendo un modelo de simbiose rural-industrial replicable.

  • Respecto ao eixo auga, achegará o uso da auga rexenerada a todos os sectores produtivos e aos servizos públicos dunha forma integral, dixital e áxil, promovendo a sustentabilidade a través dun modelo de gobernanza cooperativo para garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir así o estrés hídrico nesta contorna rural. 
  • Doutra banda, respecto a os eixos enerxía-residuo, impulsará a produción de enerxía solar como fonte renovable grazas á instalación de placas solares que farán que a auga rexenerada sexa sostible e reducir deste xeito as emisións de gases de efecto invernadoiro. A maiores realizaranse actividades de residuo cero como a posta en marcha dunha horta urbana na que se empregará a auga rexenerada para regar os cultivos. 

Este proxecto forma parte de DEMOS, unha iniciativa da Fundación Cotec que aspira a demostrar o valor real e o impacto, positivo ou negativo, de 3 proxectos sistémicos de economía circular e 3 comunidades rurais de España. 

Presentación de Ruagua na sede da Fundación COTEC

O pasado 4 de decembro de 2023, A Rúa acolleu o evento de presentación do proxecto Ruagua no Centro Cultural Avenida, ao que asistiron máis dun centenar de veciños do municipio. 

 

O acto convidou á cidadanía de A Rúa a compartir as súas inquietudes respecto ao estrés #hídrico que sofre o municipio e a explicar de que forma Ruagua pode mellorar esta problemática desde a perspectiva de diferentes grupos de interese.

Mesa de participación cidadá no evento de presentación de Ruagua

Noticias relacionadas: