Cetaqua Galicia

CETAQUA

Centro tecnolóxico da auga

Cetaqua é o resultado dun modelo único e pioneiro de colaboración público-privada para a investigación e a innovación.

A alianza co sector público e privado en Cetaqua Galicia comezou en 2011 da man de Viaqua, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), co obxectivo de asegurar a sustentabilidade e a eficiencia do ciclo da auga, tendo en conta as necesidades locais.

O éxito deste modelo é tal que se aplicou noutros centros Cetaqua en Barcelona, Andalucía e Chile. Entidades independentes que comparten estratexia e estrutura, e traballan colaborativamente unhas coas outras.

Cetaqua Galicia está acreditado como un dos Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica (CAIT), o primeiro dedicado en exclusiva á auga e o medio ambiente, polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España. Ademais, conta coa certificación UNE 16602 (sistemas de xestión da I+D+i), que permite asegurar que os procesos e a calidade da execución se realizan con rigor.

Biofactoría e recuperación de recursos

Biofactoría e recuperación de recursos

Solucións para transformar as plantas de tratamento en biofactorías: instalacións eficientes para a obtención de auga, enerxía e materiais.

Traballamos nun cambio de paradigma, aplicando o concepto da economía circular ao tratamento de augas, desenvolvendo procesos e tecnoloxías que transformen as plantas de tratamento en biofactorías. Fomentamos a recuperación e reutilización dos recursos durante os procesos para a produción de auga rexenerada, o tratamento das augas residuais urbanas e industriais e outras correntes residuais

Xestión de infraestruturas críticas e resiliencia

Xestión de infraestruturas críticas e resiliencia

Solucións para unha xestión e optimización das infraestruturas do ciclo da auga fronte a eventos naturais ou intencionados.

Para minimizar os riscos e optimizar a xestión dos activos, desenvolvemos sistemas resilientes e solucións enfocadas á xestión de eventos de crisis. Traballamos en metodoloxías que predín, detectan e xestionan situacións críticas, así como sistemas de planificación de inversións, focalizadas en reducir os impactos futuros e protexer tanto ás persoas como ao medio ambiente.

Sustentabilidade ambiental, económica e social

Sustentabilidade ambiental, económica e social

Solucións que aseguran o desenvolvemento sostible e o benestar dos cidadáns.

O contexto de emerxencia climática oblíganos a enfocarnos hacia unha economía circular necesaria para rebaixar a presión sobre os recursos, aumentar o ciclo de vida e contribuir á valorización e reciclaxe dos residuos.

Desenvolvemos metodoloxías, ferramentas, estratexias, plans e modelos de xestión que, aplicados a territorios e empresas, aseguran un desenvolvemento sostible: consciente ambientalmente, económicamente viable e enfocado ao beneficio da sociedade.

Memoria