Presentación

PRESENTACIÓN

Benvidos ao portal web de AquaOurense
 

AquaOurense é unha empresa mixta constituída no ano 2008, entre Viaqua SAU e a Deputación Provincial de Ourense, que desenvolve a súa actividade desde 2009, co obxectivo de dar apoio nos procesos relacionados co ciclo integral da auga a todos os concellos da provincia que o soliciten a través da entidade provincial.

O noso modelo persegue a excelencia no apoio prestado as entidades locais en toda a cadea, desde o comezo coa legalización de captacións da auga, control dos sistemas de potabilización, estudos de rendementos de redes,  análises de augas de consumo, control dos consumos domiciliarios, control de vertidos, ata o final, coa verificación dos sistemas de depuración así como legalización dos puntos de vertido.

Neste longo proceso, para a súa consecución, baseámonos nos máis altos estándares de calidade, no coñecemento que nos aporta a nosa experiencia e un firme compromiso co respecto polo medio ambienteAdemais fomentamos a investigación permanente, na procura das últimas innovacións tecnolóxicas có fin de garantir o uso sostible dos recursos.

Por outro lado, os valores éticos foron sempre unha parte central da estratexia de crecemento da empresa, que perseguen a transparencia na xestión e na atención cidadá, a sustentabilidade e a responsabilidade socialPor esta razón é importante para nós promover a educación e a sensibilización para un uso responsable da auga, aportando o noso valor para contribuir ao respecto polo entorno e a ecoloxía.

  • Visión: Que empresa queremos ser

    - Constituír un referente para a sociedade ourensá na xestión do ciclo da auga.
    - Ofrecer servizos adaptados ás necesidades das entidades locais, perseguindo sempre a eficiencia e a mellora continua en procesos e equipos.
    - Crear unha organización estruturada e motivada, orientada ao cliente.
  • Misión: Que facemos para logralo

    - Dar apoio as entidades locais para que xestionen o ciclo da auga garantindo o seu acceso á sociedade cumprindo coas máximas normas e estándares, respectando ao medio ambiente e aumentando a calidade de vida das persoas.
    - Potenciar e afianzar a imaxe de AquaOurense dentro dos criterios de continuidade no servizo, seguridade, sustentabilidade e Responsabilidade Social Corporativa.
    - Proporcionar aos clientes produtos e servizos innovadores, de valor engadido, centrados na eficacia e no compromiso social e ambiental.
  • Valores: Principios que nos guían

    - Calidade e excelencia na prestación dos nosos servizos e productos, así como na profesionalidade dos nosos traballadores.
    - Proximidade e transparencia promovendo o diálogo aberto e a participación social.
    - Prevención de riscos laboráis.
    - Tecnoloxía e innovación continua I+D+i.
    - Implicación activa na procura da sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente.
    - Responsabilidade social a través de acción para mellorar a calidade da vida das persoas.

Queremos que esta web supoña para os nosos clientes unha xanela informativa para que se coñezan todos estes aspectos, no que a transparencia, asistencia e resolución de trámites sexa unha realidade diaria e non un obxectivo de futuro.